Información xeral

Encontro coas empresas.


Con motivo do 60 aniversario celebrouse un encontro coas empresas colaboradoras do IES Calvo Sotelo.

Como acto final da celebración do 60 aniversario do Centro, celebrouse un encontro coas empresas colaboradoras onde os nosos alumnos e alumnas fan as súas prácticas formativas, tamén son empresas de referencia as cales coñecemos nas visitas técnicas que facemos todos os anos.

No acto participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco, a inspectora de educación Mª Magdalena Duarte Blanco, un representante dos empresarios Juan Andrés López Fouzo e o director do IES Calvo Sotelo, ademáis das empresas colaboradoras e os docentes do Centro.

Agradeceuse a confianza depositada polas empresas no alumnado do centro e díxose que "esta simbiose formativa resulta beneficiosa para ambas as dúas partes, xa que as compañías aproveitan tamén o talento e a elevada cualificación técnica dos alumnos" do Calvo Sotelo.
Despois fíxose un percorrido polos talleres e aulas do centro, para finalizar cun ágape no comedor do Centro.

FOTOS DO ACTO

Empresas participantes por orden alfabético:                                             

  • Alcoa
  • Aluman.
  • Aluminios Bouzas SL
  • Asinec  
  • Blanco Mayer
  • Blind Hogar
  • Bloga Gráfica.
  • C. M. César Garea
  • Carpintería Luán
  • Carpintería Metálica Dacri
  • CMS
  • Codice Encuadernación.
  • Coreti
  • Electricidad Emilio Suárez. 
  • Elinsa, SL                                       
  • Encuadernaciones Mudejar, S.L.
  • Esymar.
  • Fogasca Lema SL
  • Frigo Diz
  • Galaica de A. Gráficas, S.L.
  • Gráficas Orzán, S.L.
  • Hotel Finisterre
  • Hotel Hesperia Coruña
  • Hros de Ignacio de la Iglesia
  • Imprenta Ayude.
  • Imprenta Mundo, S.L.
  • Imprenta Provincial.
  • Imprenta Torculo, S.A.
  • Industrias Cee
  • Instelec 
  • Intabar
  • Intega
  • Isowat Made SL
  • Isowat Made SL
  • J. Recarey Traba
  • Josman Pres, S.L.
  • La Voz de Galicia, S.A
  • Lince
  • Lombardero, S.L.
  • Malasa
  • Marzoa Y Alonso
  • Maximino Seoane
  • Mecanizados MOAN
  • Mecom
  • Pescanova
  • Ramón García
  • Relacións Públicas Deputación
  • Servicios Gráficos, S.C.
  • Talleres Termi S.A.                    
  • Talleres Tumbadoiro
  • Teinnova Interiorismo, SL
  • Tromosa
  • Vilar Castro Hnos .
  • Villaverde Y Sabio SL