Información xeral

Aberto o prazo para participar no Programa Educativo Municipal ACOREUROPA VI e VII


10 de abril de 2018

As persoas interesadas en participar teñen que ter finalizados os estudos de ciclo medio ou superior  de FP no último ano e ter superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) en decembro de 2017 ou en xuño de 2018.

O prazo de presentación da documentación para participar no proceso de selección é do 2 ao 27 de abril de 2018.

 

 

 

O Concello de Coruña ben de publicar as bases para a selección de tituladas/os nos  ciclos formativos de grao medio e superior para a súa participación no programa  Bolsas Europa FP-Proxecto  ACOREUROPA VI (3ª convocatoria) e ACOUREUROPA VII, incluído no Proxecto de Mobilidade Erasmus+

O Obxectivo deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozas e mozos profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa: Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia.

 

A duración das prácticas formativas será de 90 días, de setembro a decembro de 2018. A estadía comezará e terminará un día antes e outro despois das prácticas.

ACOREUROPA VI, na súa primeira convocatoria, oferta 18 bolsas, coa seguinte distribución: Italia - Florencia: 3 prazas, Portugal -Lisboa: 5 prazas, Irlanda - Cork: 5 prazas, Austria - viena: 2 prazas, Francia -Bordeos: 3 prazas

ACOREUROPA VII, na súa primeira convocatoria, oferta 10 bolsas, coa seguinte distribución: Italia - Florencia: 4 prazas, Portugal -Lisboa: 3 prazas, Irlanda - Cork: 3 prazas

As persoas participantes no programa recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino.

Os requisitos para participar.- As persoas interesadas en participar teñen que ter finalizados os estudos de ciclo medio ou superior  de FP no último ano e ter superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) en decembro de 2017 ou en xuño de 2018 e ter titulación de técnica/o medio ou superior nalgún dos ciclos formativos de grao medio ou superior impartidos nos centros asociados ó programa, como é o IES Calvo Sotelo e ademais estar en situación de desemprego ou ter escas experiencia profesional.

O prazo de presentación da documentación para participar no proceso de selección é do 2 ao 27 de abril de 2018.

A Inscrición nos procesos de selección. As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VI. 3ª CONVOCATORIA ou a través da ficha específica Bolsas ACOUREUROPA VII.

A documentación do expte, que especifica nas bases,  e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera das dependencias á que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro.

Se desexas obter máis información sobre este programa ( documentación necesaria, centros asociados, servizos que inclúe,  criterios de selección, comisión de valoración, adxudicación de prazas, adxudicación de destinos, obrigas das persoas seleccionadas, exclusión do programa ou motivos de expulsión) podes acceder as bases de selección a través do portal  web educativa do Concello da Coruña