Información xeral

A Gala de entrega dos Premios Youtubeir@s celebrarase o venres, 20 de abril, no Teatro Colón


12 de abril de 2018

25 finalistas aspiran aos premios "Youtubeir@s" de entre 230 participantes que concorreron a 2ª edición deste proxecto de fomento e espallamento do uso do galego en internet.

*************************************************************************************

O Teatro Colón acollerá ás 20.00 horas do venres, 20 de abril, a Gala de entrega de premios ás/aos gañadoras/es do proxecto "Youtubeir@s", iniciativa ideada polos Servizos de Normalización lingüística da Deputación da Coruña,  das universidades de Coruña, Santiago e Vigo e nove concellos, co obxecto de promover e visibilizar o uso do galego en internet, nomeadamente das redes máis influentes do momento: youtube.

Se vós,  ou algunha das vosas amizades, fóstedes un/unha dos/das 230 participantes do proxecto "Youtubeir@s" e/ ou estades interesadas/os en  asistir á Gala  de entrega dos galardóns, que será presentada pola compañía A Panadaría, podedes reservar con antelación as entradas, que son gratuítas, a través da web do Teatro Colón ou na billeteira o propio día do evento.

E se queredes participar nun photocall achegádevos polo Teatro Colón a partir das 19.30 horas