Secretaría

Plazo de presentación de solicitudes para las Pruebas de acceso a Ciclos de Grado Superior. Orden de convocatoria 2021

probas acceso ciclos fp.png
viernes, 12 de febrero de 2021

A Consellería de Educación de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

O prazo de presentación  para participar nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

As persoas que teñades polo menos dezanove anos e non cumprades os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior podedes participar nestas probas de acceso que se dividen en dúas partes

  • Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
  • Parte específica:
    • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
    • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
    • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

 

Para participar nestas probas podedes acceder, a través da páxina da Xunta,  á Ligazón da aplicación informática  que dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición  telemática a ciclos formativos de grao superior e ao Calendario das probas de acceso

A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) é a Orde do 26 de xaneiro de 2021 (DOG 26 do 9 de febreiro)

Se queredes máis información sobre estas probas de acceso a ciclos superiores de FP  podedes consultar a CONVOCATORIA 2021

Otras noticias