Secretaría

Abierto el plazo de inscripción para participar en las pruebas de acceso a ciclos medios de FP. Convocatoria 2021


lunes,15 de marzo de 2021

El plazo de inscripción para participar en las pruebas de acceso a los ciclos medios de FP estará abierto desde el 15 al 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

As persoas que teñades polo menos dezasete anos e non cumprades os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio (persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso) podedes participar nestas probas de acceso cuxa estrutura e a organización das mesmas están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010, onde cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

  • a) Parte sociolingüística:
    •  Lingua castelá.
    •  Lingua galega.
    •  Ciencias sociais.
  • b) Parte matemática:
    • Matemáticas.
  • c) Parte científico-técnica.
    • Ciencias da natureza.
    • Tecnoloxía.

Para participar nestas probas podedes acceder, a través da páxina da Xunta,  á aplicación informática que dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición  telemática a ciclos formativos de grao medio . Se precisades consultar como se cubre a solicitude web ou a clásica podedes ir ao enlace de instrucións para a confección de solicitude

Se queredes máis información sobre estas probas de acceso a ciclos medios de FP  podedes consultar a convocatoria 2020-2021

Otras noticias