Secretaría

8ª Concurso de guións contra a violencia de xénero

guion violencia xenero.png
xoves, 28 de outubro de 2021

A área de Igualdade de xénero da Deputación da Coruña convoca a  8ª edición do Concurso de Guións contra a violencia de xénero co obxecto de elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación.

O Concurso vai dirixido á poboación adolescente de entre 12 a 18 anos,  a través do cal se pretende que creen debate, mobilización, e fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a violencia exercida sobre as fillas/os da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle o maior sufrimento psicolóxico e na súa saúde, por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou quen mantivo unha relación análoga de afectividade aínda que sen convivencia.

Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.

prazo de presentación de traballos remata o próximo 30 de novembro de 2021.

Pódense consultar as bases e o prazo nos seguintes enlaces:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/10/18/2021_0000007364.pdf

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/10/27/2021_0000007565.html

Otras noticias