Certame de teatro

 

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXV edición está organizado polo IES Rosalía Mera, centro dependente da propia Deputación. Trátase dun certame do eido provincial aínda que está permitida a participación de entidades, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse entidades, compañías e centros educativos de fóra de Galiza. As obras poderán pertencer a calquera xénero teatral. As entidades, compañías e centros educativos non poderán inscribir a concurso as obras que xa presentasen nos cinco anos naturais anteriores.

As categorías para participar serán as seguintes:

  • Benxamín (educación infantil e 1º e 2º de primaria)
  • Infantil (3º a 6º de primaria)
  • Cadete (educación secundaria ata 20 anos)
  • Xuvenil (de 18 a 30 anos)
  • Sénior (a partir de 30 anos)

 

O prazo de inscrición rematará o domingo 3 de marzo de 2024 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase dende o 5 de abril ata o 8 de xuño de 2024 en horario de tarde nos días consignados no formulario de inscrición.

As persoas interesadas poderán acceder a toda a información e documentación relativa ao certame na sección de bases e inscricións.

Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 080 408 / 650 783 527 e enderezo electrónico: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal

 

O horario de atención telefónico será, os días lectivos no IES Rosalía Mera, de:

Luns a xoves en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.

Venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.

 

 

Novas

ABERTA A INSCRICIÓN NO XXV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Aberta a inscrición no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o domingo 3 de marzo de 2024 (inclusive).

CALENDARIO DO XXIV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Publicado o calendario do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

ABERTA A INSCRICIÓN NO XXIV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Aberta a inscrición no XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o venres 24 de febreiro de 2023 (inclusive).

ABERTA A INSCRICIÓN NO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO

Aberta a inscrición no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o xoves 3 de marzo de 2022 (inclusive).

VÍDEO DO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXIII edición, tiña contemplada na súa programación dar acollida a 105 obras de teatro representadas por diversos grupos, [...]