Residencia

 

A Deputación Provincial da Coruña, pon a disposición da xuventude da provincia da Coruña que vaia realizar estudos de Ciclos Formativos de Formación Profesional (grao básico, medio ou superior), os seguintes servizos no IES Rosalía Mera:  residencia, media pensión ou tique comedor / día.

 

SERVIZOS DA RESIDENCIA DO IES ROSALÍA MERA

  • Comedor escolar con autoservizo
  • Limpeza diaria
  • Cambio de toallas dúas veces á semana
  • Cambio de sabas unha vez á semana

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SOCIOCULTURAIS

  •  Actividades Deportivas Regulares
    • Actividades Multideporte
    • Ximnasio e Adestramento Persoal (ximnasio conveniado externo)
  •  Actividades Socioculturais Regulares
    • Recuncho de Estudo
    • Obradoiro de Autoedición e Creación Musical
    • Liga Multixogos
    • Proxeccións Audiovisuais
    • Espazo Aberto
    • Taboleiro de Dinamización
  •  Actividades Deportivas Especiais
    • Liga Fútbol Sala IES Rosalía Mera
    • Actividades Festivos
  • Actividades Socioculturais Especiais
    • Magosto
    • Concursos
    • Saídas e Visitas
    • Obradoiros
    • Xantar e Actividades de Nadal
    • Xogo de Rol en Vivo
    • Charlas
    • Microcursos de Informática

       

      GALERÍA DE FOTOS

 

 

Novas

SEMANA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Durante a semana, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera participará en varias actividades, con motivo da celebración o día 3 de Decembro do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

OBRADOIRO ADORNOS DE NADAL

As dúas próximas semanas na actividade Recreando o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar na elaboración de adornos do Nadal para decorar a residencia para as vindeiras festas.

MAGOSTO 2023

O vindeiro mércores 15 de novembro celebrarase o tradicional Magosto na Residencia IES Rosalía Mera.

ACTIVIDADES POLO DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Ante a proximidade do 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres", o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera terá a oportunidade de participar nas seguintes actividades: na [...]

OBRADOIRO INICIAIS

A actividade Recreando continua unha semana máis, o vindeiro luns 13 de novembro o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera terá a oportunidade de crear ao seu gusto a súa inicial con materiais como o cartón e a la.