O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXV edición está organizado polo IES Rosalía Mera, centro dependente da propia Deputación. Trátase dun certame do eido provincial aínda que está permitida a participación de entidades, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse entidades, compañías e centros educativos de fóra de Galiza. As obras poderán pertencer a calquera xénero teatral. As entidades, compañías e centros educativos non poderán inscribir a concurso as obras que xa presentasen nos cinco anos naturais anteriores.
As categorías para participar serán as seguintes:
O prazo de inscrición rematará o domingo 3 de marzo de 2024 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase dende o 5 de abril ata o 8 de xuño de 2024 en horario de tarde nos días consignados no formulario de inscrición.
As persoas interesadas poderán acceder a toda a información e documentación relativa ao certame na sección de bases e inscricións.
Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 080 408 / 650 783 527 e enderezo electrónico: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal
O horario de atención telefónico será, os días lectivos no IES Rosalía Mera, de:
Luns a xoves en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.
Venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.