Residencia

 

A Deputación Provincial da Coruña, pon a disposición da xuventude da provincia da Coruña que vaia realizar estudos de Ciclos Formativos de Formación Profesional (grao básico, medio ou superior), os seguintes servizos no IES Rosalía Mera:  residencia, media pensión ou tique comedor / día.

 

SERVIZOS DA RESIDENCIA DO IES ROSALÍA MERA

  • Comedor escolar con autoservizo
  • Limpeza diaria
  • Cambio de toallas dúas veces á semana
  • Cambio de sabas unha vez á semana

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SOCIOCULTURAIS

  •  Actividades Deportivas Regulares
    • Actividades Multideporte
    • Ximnasio e Adestramento Persoal (ximnasio conveniado externo)
  •  Actividades Socioculturais Regulares
    • Recuncho de Estudo
    • Obradoiro de Autoedición e Creación Musical
    • Liga Multixogos
    • Proxeccións Audiovisuais
    • Espazo Aberto
    • Taboleiro de Dinamización
  •  Actividades Deportivas Especiais
    • Liga Fútbol Sala IES Rosalía Mera
    • Actividades Festivos
  • Actividades Socioculturais Especiais
    • Magosto
    • Concursos
    • Saídas e Visitas
    • Obradoiros
    • Xantar e Actividades de Nadal
    • Xogo de Rol en Vivo
    • Charlas
    • Microcursos de Informática

       

      GALERÍA DE FOTOS

 

 

Novas

SEMANA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo de toda a semana, o alumnado da Residencia Rosalía Mera participará en diversas actividades con motivo da celebración o día 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.  

SEMANA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Con motivo da celebración o 25 de novembro do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, durante toda a semana, faranse diferentes actividades relacionadas coa temática na Residencia do IES Rosalía [...]

OBRADOIROS DE NADAL

Desde o luns 22 de novembro e durante as seguintes semanas o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera participará nos Obradoiros de Nadal.  

MAGOSTO 2021

Mañá día 17 de novembro celebrarase o tradicional Magosto na Residencia IES Rosalía Mera.  

"LA BRÚJULA" - PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE O CONSUMO DE DROGAS E ALCOL

O vindeiro luns 15, o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera participará no programa "La Brújula" de sensibilización sobre o consumo de drogas e alcol. Actividade organizada pola Fundación [...]