Certame de teatro

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXIII edición estará organizado polo IES Rosalía Mera, centro dependente da propia Deputación da Coruña. Trátase dun certame de eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse grupos e compañías de fóra de Galiza. As obras presentadas poderán pertencer a calquera xénero teatral.As compañías, grupos e centros educativos non poderán presentar a concurso as obras que xa presentasen na edición XXI e XXII.

As categorías para participar serán as seguintes: benxamín (educación infantil e 1º e 2º de primaria), infantil (3º, 4º, 5º e 6º de primaria), cadete (alumnos e alumnas da ESO), xuvenil (de 16 a 25 anos inclusive) e senior (grupos e compañías de teatro afeccionado).

O prazo de inscrición rematará o xoves 3 de marzo de 2022 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e xuño nos días habilitados no formulario de inscrición.

Os/as interesados/as poderán acceder a toda a información e documentación relativa ó certame na sección de bases e inscricións.

Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 080 408 / 650 783 527 e enderezo electrónico: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal

 

O horario de atención telefónico será os días lectivos no IES Rosalía Mera de:

Luns a xoves en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.

Venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.

 

Novas

ABERTA A INSCRICIÓN NO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO

Aberta a inscrición no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o xoves 3 de marzo de 2022 (inclusive).

VÍDEO DO XXIII CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXIII edición, tiña contemplada na súa programación dar acollida a 105 obras de teatro representadas por diversos grupos, [...]

Cancelación do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Ante a crise sanitaria que estamos a  vivir polo COVID-19 e atendendo a criterios de responsabilidade pública, a XXIII edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da [...]

Suspensión Temporal do XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Debido ás instrucións das autoridades sanitarias e educativas en relación á prevención da propagación do coronavirus (COVID-19) e lamentándoo moito, temos que comunicar que o XXIII Certame de Teatro [...]