Residencia

 

A Deputación Provincial da Coruña, pon a disposición da xuventude da provincia da Coruña que vaia realizar estudos de Ciclos Formativos de Formación Profesional (grao básico, medio ou superior), os seguintes servizos no IES Rosalía Mera:  residencia, media pensión ou tique comedor / día.

 

SERVIZOS DA RESIDENCIA DO IES ROSALÍA MERA

  • Comedor escolar con autoservizo
  • Limpeza diaria
  • Cambio de toallas dúas veces á semana
  • Cambio de sabas unha vez á semana

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E SOCIOCULTURAIS

  •  Actividades Deportivas Regulares
    • Actividades Multideporte
    • Ximnasio e Adestramento Persoal (ximnasio conveniado externo)
  •  Actividades Socioculturais Regulares
    • Recuncho de Estudo
    • Obradoiro de Autoedición e Creación Musical
    • Liga Multixogos
    • Proxeccións Audiovisuais
    • Espazo Aberto
    • Taboleiro de Dinamización
  •  Actividades Deportivas Especiais
    • Liga Fútbol Sala IES Rosalía Mera
    • Actividades Festivos
  • Actividades Socioculturais Especiais
    • Magosto
    • Concursos
    • Saídas e Visitas
    • Obradoiros
    • Xantar e Actividades de Nadal
    • Xogo de Rol en Vivo
    • Charlas
    • Microcursos de Informática

       

      GALERÍA DE FOTOS

 

 

Novas

INICIACIÓN Á ESGRIMA

O vindeiro xoves 2 de Febreiro de 2023 ás 17:00 h, o alumnado da Residencia Rosalía Mera terá a oportunidade de participar nunha sesión de iniciación á esgrima impartida polo Club de Esgrima 100 Tolos, [...]

Charla - Coloquio Educación Inclusiva

O vindeiro luns 30 de Xaneiro de 2023 o alumnado da residencia IES Rosalía Mera poderá participar nunha charla - coloquio sobre a Educación Inclusiva. Acompañarannos Antón Fontao Saavedra e Marta Casal [...]

Semana da Non Violencia

Con motivo do día da Paz e da Non Violencia, que se celebra hoxe 30 de xaneiro, o alumnado da Residencia Rosalía mera poderá participar durante toda a semana nun par de actividades relacionadas con esta temática.

ACTIVIDADES DE NADAL

Esta semana o alumnado residente da Residencia IES Rosalía Mera poderá gozar de varias actividades especiais.

GRAN XOGO - UN MINUTO PARA GAÑAR

O martes 6 de decembro, festivo na residencia, o alumnado residente poderá participar nun gran xogo.