Hoxe tivo lugar a primeira xornada de doazón de sangue deste curso, neste acto altruísta participaron numerosos alumnos e profesores do centro. Esta xornada repetirase de novo noutra data deste curso.
Os alumnos que finalizaron a súa Formación en Centros de Traballo do departamento de electricidade, fixeron a presentación da empresa onde estiveron traballando.
Rodrigo Coria Vázquez alumno do Ciclo Formativo de Mecanizado, recibe unha das 15 bolsas que concede a Fundación Repsol para estudantes de Formación Profesional dos municipios da Coruña e Arteixo.A contía da bolsa ascende a 800?.