O vindeiro martes día 24 celébrase no Forum Metropolitano a Feira de Ideas do programa INICIA 2026. Nesta ocasión temos 5 proxectos finalistas. Pola mañán en horario de 10 a 14 horas estarán expostos os stands e pola tarde a partires das 16:30 haberá uns relatorios a cargo duns emprendedores e a entrega de premios.
Moita sorte a todos os participantes!!
Proxectos finalistas:
ISU de Preimpresión Dixital
VINTALEGO de Impresión Gráfica
GREEN SPARK de Instalacións Eléctricas e Automáticas
CALIZO de Deseño e Xestión da Produción Gráfica
SINXELO de Deseño e Xestión da Produción Gráfica