
A Xunta de Galicia ten aberto unha vez máis o Concurso de Emprendemento para FP en dúas modalidades:
En ámbalas dúas modalidades os premios son:
- Dotación económica:
1º Premio: 3.000 €
2º Premio: 2.000 €
3º Premio: 1.000 €
- Incorporación a un viveiro da Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos ou á área de emprendemento industrial do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional.
– Asesoramento técnico da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Coma cada ano, animámosvos a todo o alumnado a presentar os vosos proxectos de empresa ao concurso EDUEMPRENDE IDEA 2026, no que o noso centro IES ROSALÍA MERA ten o orgullo de lembrar a todos/as aqueles alumnos/as que participaron e acadaron postos gañadores en pasadas edicións.
De aí que queiramos animarvos a participar non só polo obxectivo de continuidade e compromiso do centro con este certame, senón por impulsar de novo o voso talento, capacidade creativa e esforzo.
