IPE II

EDUEMPRENDE IDEA 2026

EDUEMPRENDE IDEA 2026
INFORMACIÓN DPTO. IPE

A Xunta de Galicia ten aberto unha vez máis o Concurso de Emprendemento para FP en dúas modalidades: 

  • MODALIDADE A: CICLOS DE GRAO SUPERIOR e CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN
  • MODALIDADE B: CICLOS DE GRAO BÁSICO E MEDIO

 

En ámbalas dúas modalidades os premios son:

- Dotación económica:

1º Premio: 3.000 €

2º Premio: 2.000 €

3º Premio: 1.000 €

 

- Incorporación a un viveiro da Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos ou á área de emprendemento industrial do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional.

– Asesoramento técnico da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Coma cada ano, animámosvos a todo o alumnado  a presentar os vosos proxectos de empresa ao concurso EDUEMPRENDE IDEA 2026, no que o noso centro IES ROSALÍA MERA ten o orgullo de lembrar a todos/as aqueles alumnos/as que participaron e acadaron postos gañadores en pasadas edicións.

De aí que queiramos animarvos a participar non só polo obxectivo de continuidade e compromiso do centro con este certame, senón por impulsar de novo o voso talento,  capacidade creativa e esforzo.