O público interesado en asistir a algunha das representacións teatrais pode consultar de seguido, pulsando a ligazón, o calendario oficial do XXVI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. No mesmo, detállanse as datas e horas das representacións.
O calendario poderá sufrir modificacións por necesidades das entidades, compañías ou centros educativos, polo que se recomenda revisar o calendario antes de acudir á representación.
A entrada para todas as obras é gratuíta e a apertura de portas 10 minutos antes do comezo da obra.
Rematado o período de inscrición, xa podedes consultar as datas, escaletas e horarios asignados do XXVI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.
A reunión de coordinación cos/coas representantes das entidades, compañías e/ou centros educativos celebrarase o xoves 13 de marzo de 2025 ás 20:00 h no IES Rosalía Mera.
A Gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o venres 20 de xuño de 2025 ás 20:00 h.