Ciclos Formación Profesional > Admisión á FP Básica

TRAMITACIÓN DA SOLICITUDE

O alumnado  de 2º de ESO que fose proposto polo centro educativo, así como  o alumnado de 3º ou  4º de ESO que o solicitara por petición propia, foran autorizados (pola inspección educativa) para realizar un ciclo de formación profesional básica deberá presentar no centro onde está a cursar a ESOsolicitude de admisión (debidamente asinada pola persoa solicitante e nai/pai ou titulares da patria potestade  ou representantes legais).

Nota.- O alumnado repetidor de FP Básica, así como aquel alumnado sen título da ESO que faga a 17, 18, 19 ou  20 anos no ano de inicio do ciclo formativo con independencia de que estivensen ou non escolarizadas no curso escolar anterior, presentarán a solicitude de admisión no centro de destino.

 

Documentación necesaria:

  • Copia DNI ou NIE da persoa solicitante e d@s titulares da patria postestade ou representantes legais, no caso de menores.
  • Comunicación de incorporación á FP Básica ( modelo anexo IV da Orde do 13 de xulo de 2015. DoG nº 137 de 22/07/2015) debidamente asinada pola nai/pai ou titulares da patria postedade e o seu centro.
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.