Se tedes interese en participar ca vosa entidade, compañía e/ou centro educativo no XXVI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, de seguido atoparedes toda a información e documentación para poder informarvos e tramitar a vosa inscrición.
Recomendamos que consultedes as seguintes bases para coñecer os requisitos de participación neste certame teatral e condicións do mesmo antes de acceder ao formulario online de inscrición.
Poderedes acceder a todos os documentos mencionados premendo nos enlaces amosados de seguido.
Unha vez enviado o formulario de inscrición, adxudicaremos a data e recibiredes un correo electrónico da organización confirmando a mesma; con indicacións para o envío do resto de documentación a ter en conta (datos participantes, sinopse, reparto, cartel, etc.).
Recomendamos que consultedes os seguintes documentos antes de achegar a documentación necesaria.
Características mesa de son e altofalantes
Criterios de valoración xurado categoría benxamín, infantil e cadete
Criterios de valoración xurado categoría afeccionada
A continuación podedes ver modelos de como entregar a información solicitada
Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 080 408 e 650 783 527; e o enderezo electrónico: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal
O horario de atención telefónica será, os días lectivos no IES Rosalía Mera, de:
Luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.
Venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.