Aprobada a 2º listaxe provisional de persoas admitidas para a utilización de servizos na residencia de estudantes do Instituto de Educación Secundaria Rosalía Mera durante o curso 2026 - 2027, unha vez rematado o segundo prazo de presentación de solicitudes.
Resolución 2ª Listaxe Provisional Admitidos/as Residencia Curso 2026 - 2027
Aprobada a 1º listaxe definitiva de persoas admitidas para a utilización de servizos na residencia de estudantes do Instituto de Educación Secundaria Rosalía Mera durante o curso 2026 - 2027, unha vez rematado o primeiro prazo de presentación de solicitudes.
Resolución 1ª Listaxe Definitiva Admitidos/as Residencia Curso 2026 - 2027
Unha vez rematado o curso académico 25/26, o número de prazas de residencia, queda do seguinte xeito:
A solicitude de servizos de residencia ou media pensión do IES Rosalía Mera poderá facerse unha vez formalizada a matrícula no ciclo formativo adxudicado.
A convocatoria e a ordeanza fiscal nº 12 que regulan a utilización de servizos na residencia do IES Rosalía Mera durante o curso 2026/2027 poden ser consultadas ou descargadas nas seguintes ligazóns:
Na seguinte ligazón pódense consultar as tarifas xerais, suxeitas a bonificación pola Deputación da Coruña segundo o estudo da situación socioeconómica familiar concreta:
A documentación precisa para solicitar os servizos de residencia ou media pensión pódese consultar na seguinte ligazón:
Os modelos oficiais de solicitude e achega de información pódense atopar premendo nas seguintes ligazóns:
Para calquera tipo de información e/ou aclaración, poderanse facer consultas a través do enderezo electrónico residencia.rosaliamera@dacoruna.gal ou ben, nos teléfonos 981 415 403, 650 783 527 e 981 415 408.