Os ciclos formativos de grao medio, superior e FP Básica ofertados polo IES Rosalía Mera, e que podes ver pinchando AQUÍ, cúrsanse en réxime ordinario, modalidade presencial e organizado en dous cursos en quendas de mañá. A asistencia ás clases é obrigatoria.
Para poder cursar un ciclo formativos de FP as persoas interesadas terán que participar en dous procesos:
PRIMEIRO- PROCESO DE ADMISIÓN
►A) Proceso de admisión en FP Básica
requisitos DE ACCESO
-
Alumnado en idade de escolarización obrigatoria
Este alumnado ten que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:
- Facer 15 anos ou facelos durante o ano natural en curso.
- Ter cursado 3º da ESO ou, excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orienación no centro, ter cursado 2º da ESO.
- Ser obxecto de proposta ou solicitar por petición propia, xunto coas súas nais/pais ou persoas titoras legais, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, cando o perfil vocacional do alumno ou da alumna así o aconselle. Deste xeito, dentro do grupo de alumnado en idade de escolarización obrigatoria temos dous subgrupos.
- Alumnado procecente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporción a un ciclo formativo de grao básico.
- Alumnado procecente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto coas súas nais/pais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
2.- ALUMNADO EN IDADE DE ESCOLARIZACIÓN non OBRIGATORIA
Este alumnadopoden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
- Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolaraizadas no curso escolar anterior.
- Que non estean en posesión dun título de FP ou calquera título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR CICLO
Do total de postos escolares que se ofrezan, reservarase un 10% de prazas en cada ciclo para estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade.
No caso de que existan máis número de solicitantes que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
- Primeiro.- O alumnado que cursase 2º de ESO (ordenad@s de menor a maior idade)
- Segundo.- O alumnado que cursase 3º de ESO (ordenad@s de menor a maior idade)
- Terceiro.- O alumnado que cursase 4º de ESO (ordenad@s de menor a maior idade)
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
De persistir o empate resolverase empregando como criterio de ordenación os derradeiros 5 díxitos numéricos do documento oficial de identidade (DOI)
►A) Proceso de admisión en Ciclos Formativos Grao Medio e Superior
Proceso que abre anualmente e regula a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, establecendo un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes.
DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR CICLO
No réxime ordinario, as prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral (90%), cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Para acceso ao grao medio:
- Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos. (Ata o 70%)
- Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes. (Ata o 20%)
- Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.(Ata o 10%)
Nota.- para saber máis sobre os criterios de selección podes consultar o seguinte enlace
Para acceso ao grao Superior:
- Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. (Ata o 70%)
- Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. (Ata o 20%)
- Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior. (Ata o 10%)
Nota.- para saber máis sobre os criterios de selección podes consultar o seguinte enlace
PRAZOS DE INSCRICIÓN
Con independencia do réxime solicitado (ordinario ou de persoas adultas) os prazos de presentación de solicitudes de admisión para Ciclos de Grao Medio e Grao Superior de FP son os seguintes:
- Prazo ordinario (entre xuño e xullo) pendente publicación datas
Os prazos de presentación de solicitudes de admisión para FP Básica son os seguintes:
Para presentar a solicitude inscrición para ciclos formativos de FP hai que ter en conta que:
►Unicamente podera presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no momento da inscrición.
ADXUDICACIÓN DE PRAZA
As persoas con praza adxudicada poden:
- Matricularse, debendo facelo no centro adxudicado e nos prazos establecidos, o que implica a renuncia á participación no proceso de admisión a outros ciclos formativos.
- Renunciar á praza, debendo facelo nos prazos establecidos, e afectaralle á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A/o solicitante poderá seguir no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia.
- Non matricularse nin renunciar. Estas quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.
SEGUNDO.- PROCESO DE MATRICULACIÓN
Proceso que hai que facer no centro docente asignado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a cal regula e establece tamén os prazos de formalización da matrícula.