Empresa e iniciativa emprendedora.

O módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora é un módulo que pretende proporcionar aos alumnos ferramentas e procedementos elacionados coa cultura emprendedora, que lles permitan analizar a posibilidade de crear e gestionar unha empresa no seu sector profesional, como modo de acceso ao mundo laboral. 

APRENDERÁS A: 

  • Desenvolver o espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e creatividade. 
  • Decidir sobre a oportunidade de crear unha pequena empresa para o desenvolvemento dunha idea emprendedora, analizando a contorna, o proceso produtivo, a organización dos recursos humanos, os valores culturais e éticos e a responsabilidade social 
  • Seleccionar a forma xurídica máis adecuada tendo en conta as implicaciones legais asociadas á mesma e o proceso de constitución e posta en marcha. 
  • Realizar as actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena empresa. 
  • Coñecer as principais obrigacións fiscais e contables dunha pequena empresa. 
  • Elaborar un plan de empresa como paso previo á creación dunha pequena empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, o proceso produtivo e os recursos necesarios, a responsabilidade social, o plan de marketing, o estudo de viabilidad económica e financeira e a elección das forma xurídica máis adecuada.

 

Módulos

    Horarios

      Actividades

      1º, 2º e 3º PREMIO na feira de IDEAS 2025 do programa Inicia

      Forum Metropolitano
      31/03/2025
      Parabéns a todo o noso alumnado do IES Rosalía Mera participante nesta feira de IDEAS do programa INICIA que este ano se fixo co 1º, 2º e 3º premio do certame.  

      1º PREMIO PROXECTO "STREET ART GALICIA"

      1º PREMIO EN EL PROGRAMA EDUEMPRENDE IDEA DE LA XUNTA
      PROXECTO "STREET ART GALICIA"