IPE I

Os obxectivos deste módulo é que o alumno identifique e valore as oportunidades de aprendizaxe e emprego, e que analice as ofertas e demandas do mercado laboral que lle permitan gestionar a súa propia carreira profesional; que coñeza os dereitos e as obrigacións derivadas da lexislación laboral; que coñeza a normativa básica en materia de prevención de riscos laborais e que poida participar activamente, con principios de responsabilidade e tolerancia , nun equipo de traballo. 

APRENDERÁS A: 

  • Recoñecer os dereitos e obrigacións dos traballadores por conta allea e dos empresarios en materia de saúde laboral. 
  • Evaluar situacións de risco derivadas da súa actividade profesional e participar na elaboración dun plan de prevención de riscos identificando as responsabilidades de todos os axentes implicados. 
  • Participar responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización. 
  • Recoñecer os dereitos e obrigacións dos traballadores por conta allea e dos empresarios derivadas da lexislación laboral e de seguridade social. 
  • Coñecer a acción protectora do sistema da seguridade social identificando as distintas prestaciones. 
  • Planificar o seu itinerario profesional, seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da súa vida. 

 

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS

 

Módulos

    Horarios

      Actividades

      EDUEMPRENDE IDEA 2026

      INFORMACIÓN DPTO. IPE
      A Xunta de Galicia ten aberto unha vez máis o Concurso de Emprendemento para FP en dúas modalidades:  MODALIDADE A: CICLOS DE GRAO SUPERIOR e CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN MODALIDADE B: CICLOS DE GRAO BÁSICO [...]

      CERTAME COOPERATIVISMO 2026

      INFORMACIÓN DPTO. IPE
      Certame de cooperativismo no ensino. Prazo de presentación ata o 30 de abril de 2026.  Sen esquecer a Andrea, Candela e Uxía, gañadoras do 1º premio do Certame Cooperativismo 2025 co seu proxecto Milgranda. a) Un [...]