INGLÉS I

INGLÉS PROFESIONAL (MP0156 e MP0179)

O obxectivo deste módulo transversal de 60 h do primeiro curso do ciclo formativo de grao medio (MP0156) e do ciclo formativo de grao superior (MP0179) é que o alumnado desenvolva activamente a competencia comunicativa en inglés necesaria para desenvolverse con eficacia en situacións persoais, académicas e, especialmente, profesionais relacionadas co seu perfil de formación. Así mesmo, pretende favorecer a empregabilidade, a mobilidade internacional e a capacidade para comunicarse en contornas laborais cada vez máis plurilingües e multiculturais. A aprendizaxe contextualízase nas situacións habituais do sector profesional correspondente a cada ciclo formativo.

 

En función do grao do teu ciclo, APRENDERÁS A

  • Comprender información oral e escrita relacionada co teu sector profesional.
  • Comunicarte en inglés coa clientela, empresas provedoras, persoal traballador do mesmo negocio e outros profesionais en situacións habituais da contorna laboral.
  • Redactar e responder correos electrónicos, mensaxes, informes e outra documentación profesional utilizando unha linguaxe clara e axeitada á situación.
  • Coñecer e utilizar a terminoloxía técnica estándar propia da túa familia profesional.
  • Participar en conversas e presentacións relacionadas coa actividade profesional.
  • Resolver incidencias e atender consultas, reclamacións ou solicitudes utilizando estratexias de comunicación eficaces.
  • Buscar, interpretar e utilizar información técnica en inglés procedente de manuais, fichas técnicas, normativa e recursos lingüísticos especializados e fiables, empregando estratexias e recursos de tradución como apoio.
  • Desenvolverte con pregresiva autonomía e tamén en equipo en contextos profesionais internacionais e multiculturais, respectando as diferenzas lingüísticas e culturais.
  • Mellorar progresivamente a túa competencia comunicativa e profesional para favorecer a túa inserción laboral e o teu desenvolvemento profesional.

 

Mostra de tarxetas de Thanksgiving bilingües feitas polo alumnado (2025)

Mostra de tarxetas bilingües de Thanksgiving (Día de Acción de Grazas) feitas polo alumnado como actividade de mediación e intercultural na aula (2025).

Módulos

    Horarios

      Actividades

      Non hai actividades