HABILIDADES COMUNICATIVAS EN LINGUA ESTRANXEIRA: Inglés (MO001 e MO002)
O obxectivo deste módulo transversal de 60 h do segundo curso do ciclo formativo de grao medio (MO001) e do ciclo formativo de grao superior (MO002) é que o alumnado consolide activamente as súas habilidades comunicativas nunha lingua estranxeira para interactuar con eficacia, autonomía e confianza en situacións persoais, sociais e profesionais. Así mesmo, pretende favorecer a aprendizaxe permanente, a mobilidade internacional e a capacidade para comunicarse e colaborar en contornas cada vez máis plurilingües, multiculturais e dixitais. A aprendizaxe contextualízase nas situacións habituais do sector profesional correspondente a cada ciclo formativo.
En función do grao do teu ciclo, APRENDERÁS A
- Comprender e interpretar mensaxes orais, escritas e multimodais relacionadas con diferentes contextos persoais, sociais e profesionais.
- Comunicarte con eficacia en situacións cotiás e profesionais, adaptando a linguaxe á persoa interlocutora, ao contexto e á finalidade comunicativa.
- Participar activamente en conversas, reunións, presentacións e outras interaccións, expresando ideas, opinións e propostas con claridade.
- Mediar entre persoas, mensaxes e culturas para facilitar a comprensión mutua e a resolución de situacións comunicativas.
- Buscar, seleccionar, interpretar e valorar información procedente de fontes fiables en lingua estranxeira, empregando tamén recursos e ferramentas dixitais.
- Colaborar en equipos de traballo multiculturais utilizando estratexias de comunicación eficaces, respectuosas e inclusivas.
- Desenvolverte con pregresiva autonomía en contextos internacionais e multiculturais, valorando a diversidade lingüística e cultural.
- Mellorar progresivamente a túa competencia comunicativa e intercultural para favorecer a túa formación, empregabilidade e desenvolvemento persoal e profesional.