Noticias

Páxinas:  1 ... 20 21 22 23 24 ... 31

Convócanse as probas de acceso 2019 a ciclos de FP de Grao medio e superior.

venres, 25 de xaneiro de 2019
A Consellería de educación ven de publicar as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de FP para o ano 2019 Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos

Visita ao CPAP de Bergondo

Un grupo de residentes acudirá ás instalacións do Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo, destinado ó tratamento e a mellora da autonomía en persoas con diferentes tipos e graos de [...]

Convocatoria 2019 do Plan de Acreditación de Experiencia Profesional

Xoves, 10 de xaneiro de 2019
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2019.    

Tramitación de títulos do alumnado que rematou un ciclo de FP en decembro 2018

Martes, 8 de xaneiro de 2019
O alumnado  que rematou no mes de decembro de 2018 algún dos ciclos de formación profesional de grao medio ou superior impartidos neste centro poden proceder á tramitación do seu título na Secretaría do [...]

Xantar de Nadal 2018

O xoves 20 de decembro celebrarase o tradicional xantar de nadal na residencia do IES Calvo Sotelo.

Composición do novo Consello Escolar do IES Calvo Sotelo 2018-2019

Xoves, 20 de decembro de 2018
O venres 21 de decembro de 2018 celebrarase a reunión de constitución do novo Consello Escolar do IES Calvo Sotelo que está composto polas seguintes persoas:

Proclamación de candidat@s elect@s nas eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar

mércores, 19 de decembro de 2018
A Xunta Electoral do IES Calvo Sotelo  acordou  a proclamación e publicación d@s  candidat@s elect@s  nos distintos sectores para a renovación parcial do Consello Escolar 2018-2019:  

Torneo Fútbol Sala IES Calvo Sotelo 2019

Aberto o prazo de inscrición para participar como equipo e/ou árbitro na nova edición do Torneo de Fútbol Sala do IES Calvo Sotelo. O último día para anotarse é o 20 de decembro de 2018.

Candidaturas do alumnado ao Consello Escolar. Curso 2018-2019

Martes, 27 de novembro de 2018
Participa nas Eleccións ao Consello Escolar do IES Calvo Sotelo e VOTA as tres candidatas ou candidatos que queres que te representen no Consello Escolar!

Resultado das votacións para a elección de representantes do alumnado para o Consello Escolar. Curso 2018-2018

xoves 29 de novembro de 2018
No día de hoxe tivo lugar a celebración das votacións para a elección de representantes do alumnado no Consello Escolar do IES Calvo Sotelo. As tres candidaturas máis votadas foron as presentadas pol@s seguintes [...]

Proclamación de candidaturas ao Consello Escolar e designación dos membros das mesas electorais

Martes, 27 de novembro de 2018
A Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o proceso de elección dos membros do consello escolar do IES Calvo Sotelo acordou na reunión mantida o luns, 26 de novembro a admisión, proclamación e publicación [...]

Obradoiros de Nadal

Os/as residentes do IES Calvo Sotelo comezaron estes días os obradoiros de decoración de nadal.  

Cea Magosto 2018

O vindeiro mércores 28 de novembro terá lugar o tradicional Magosto para os/as residentes do IES Calvo Sotelo.

Foto Gañadora Certame Fotográfico "Unha Coruña de Foto"

Despois de tres días de votacións, feito o reconto de papeletas, xa se coñece a foto gañadora do Certame Fotográfico "Unha Coruña de Foto".  
Páxinas:  1 ... 20 21 22 23 24 ... 31