PERSOAS QUE QUEREN SOLICITAR UN CICLO FORMATIVO
1º) Presentación solicitude de admisión vía web:
PRAZO: DO 16 DE XUÑO AO 2 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
2º) Presentación de solicitude de matrícula (no caso de que lle adxudiquen algunha praza)
LUGAR e PRAZO: no centro onde lle adxudiquen e no prazo que lle corresponda segundo sexa 1ª adxudicación (do 15 ao 18 de xullo ), 2ª adxudicación (do 22 ao 24 de xullo) ou 3ª adxudicación (do 28 ao 31 de xullo).
Alumnado de 1º CURSO QUE REPITE (por 1ª vez)
O alumnado matriculado nalgún dos ciclos formativos que non superou o 1º curso e queira volver matricularse no IES Rosalía Mera deberá facer previamente unha reserva de praza para o curso 2025-2026 a través da solicitude web da Consellería de Educación e presentar solicitude de matrícula na secretaría do centro, nos prazos abaixo indicados:
1º) Presentación solicitude de admisión vía web:
PRAZO: DO 23 DE XUÑO AO 2 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
2º) Presentación de solicitude de matrícula:
PRAZO: DO 15 DE XULLO AO 18 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
LUGAR: Secretaría do IES Rosalía Mera
Alumnado de 1º CURSO QUE PROMOCIONA a 2º CURSO e Alumnado QUE REPITE 2º CURSO (por 1ª vez)
Presentación de matrícula:
PRAZO: DO 15 DE XUllo AO 18 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS
LUGAR: Secretaría do IES Rosalía Mera
PARA MÁIS INFORMACIÓN ►https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-25-26
Nota para o alumnado procedente doutro centro
O alumnado que proceda doutro centro de ensino e queira solicitar matrícula en 2º curso DEBERÁ presentar previamente solicitude de admisión (Anexo I) na Secretaría do centro entre o 23 de xuño e o 2 de xullo, e no caso de adxudicarlle praza o centro terá que presentar a matrícula entre o 15 de xullo e 18 de xullo.