Os alumnos de 2º de mecanizado visitaron Metalúrxica Galega co obxecto de ver na
práctica o funcionamento de máquinas, que ao longo do curso danse en teoría, e que non temos no Instituto.
Nesta empresa de mecanizado vimos: talladoras de engrenaxes, mandrinadoras, rectificadoras, máquinas de CNC, tornos convencionais,
e outras moitas máquinas que temos aquí pero que as súas dimensións son moi grandes, comparándoas coas nosas.
Os alumnos preguntarban aos traballadores o funcionamento dalgunhas máquinas e os traballos que estaban a facer e para que servían.
Ao finalizar o taller de mecanizado fixemos un percorrido rápido polo taller de calderería.