Xa está aberto o período de inscrición para participar no Torneo de Fútbol Sala 2018 I.E.S. Calvo Sotelo, dirixido a todos os alumnos/as matriculados no I.E.S. Calvo Sotelo no curso 2017 – 2018.
Os alumnos/as poderán participar no torneo coma xogadores/as dun equipo, coma árbitros ou nas dúas modalidades. A data tope de inscrición finaliza o venres 2 de Febreiro de 2018, antes de inscribirse coma equipo ou árbitro é importante coñecer os requisitos que aparecen nas bases do torneo.
De seguido podes consultar as bases, o formulario de inscrición de equipos e o formulario de inscrición de árbitros; premendo nos seguintes enlaces:
Para calquera información adicional, dúbida nas inscricións ou consulta durante o torneo está dispoñible o seguinte teléfono: 650783527