FASE I. Asesoramento: Nesta fase, un asesor ou unha asesora axúdache a compilar todas as probas que poidas achegar para defender a túa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Tamén realizarás un test de autoavaliación.
FASE 2. Avaliación das competencias profesionais: A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que achegaches no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.
FASE 3. Acreditación e rexistro das competencias: Cando superes o proceso de avaliación obterás unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que demostraches a túa competencia profesional.
Se queres saber máis sobre o Plan de acreditación da experiencia profesional podes consultar a páxina da Xunta