Normativa

NORMATIVA 2021-2022

Nas seguintes ligazóns pódense consultar os documentos que recollen as Normas de Organización da Residencia IES Rosalía Mera así como o Plan de Adaptación da Residencia IES Rosalía Mera á situación COVID-19 neste curso académico 2021 - 2022.

 

Compre destacar que ante a situación actual na que nos atopamos, as instrucións primeiras a seguir serán as recollidas no Plan de Adaptación ao COVID-19; todos aqueles aspectos non recollidos específicamente neste plan de adaptación, funcionarán segundo rexen nas Normas de Organización da Residencia IES Rosalía Mera.

O devandito Plan de Adaptación ao COVID-19 poderá sufrir modificacións e adaptacións segundo a evolución da situación sanitaria e a normativa vixente en cada momento. Todas estas modificacións iranse actualizando nesta mesma sección.

A continuación, pódense encontrar os modelos de Declaración Responsable ante a situación COVID-19, divididos segundo alumnado maior ou menor de idade. Esta declaración responsable ten que ser entregada ao Persoal de Residencia no momento en que se formaliza a solicitude de servizos na Residencia,  Media Pensión e Tiquet Comedor.

Deberá estar firmada polo propio alumno/a, no caso de alumnado maior de idade; ou ben, polos responsables legais, no caso do alumnado menor de idade.

 

Para calquera tipo de información e/ou aclaración sobre a normativa ou o plan de adaptación poderase facer consulta a través do enderezo electrónico residencia.rosaliamera@dacoruna.gal ou ben, no teléfono 650 782 537.

Horario de atención: de luns a venres de 9:30 a 13:30h