Secretaría

Data das probas de acceso a ciclos de grao superior: XOVES, 19 DE ABRIL

826628.jpg
18 de abril de 2018

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o xoves, 19 de abril de 2018 no horario que se indica a continuación:

- Ás 9.00 horas.- presentación

- Das 10.00 ás 13.00 horas.- parte común da proba ( Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá)

- Das 16.00 ás 18.30 horas.- Parte específica da proba

As persoas inscritas deberedes presentar, para a realización da proba, o voso DNI e a copia da folla selada da solicitude de inscrición.

Os materiais que se poden empregar para a realización das probas son: bolígrafos de tinta negra ou azul, calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos. Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra e cartabón.

Para consultar as instrucións que debedes seguir para realizar correctamente as probas de acceso podedes pinchar aquí

Se queredes podedes consultar os lugares e sedes que vos foron asignadas para realizar as probas.

As persoas que presentástedes solicitude no IES Calvo Sotelo e estades admitidas para a realización destas probas tedes asignado a sede: IES  Universidade Laboral (O Burgo). Culleredo

 

Outras novas