martes, 10 de marzo de 2021
A Consellería de educación ven de publicar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Período de reclamación: do 10 ao 15 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
As persoas interesadas poden consultar as listaxes de inscrición e de exencións no seguinte enlace.
Listaxe provisoria
Para garantir a confidencialidade dos datos persoais cada persoa está identificada cun código persoal de consulta único para cada participante nas probas de acceso. Para buscar o CPC que corresponde a cadaquén consulta as Instrucións para obter o código persoal de consulta
Se desexas consultar outra información sobre as probas pincha en: Máis información