Xoves, 4 de decembro de 2021
O Centro IES Rosalía Mera ven de poñer en marcha o proceso de eleccións ao Consello Escolar 2021-2022 nas que se renovará unha parte tanto do sector do profesorado, como de nais, pais ou titores legais e alumnado
As eleccións ao Consello Escolar. Curso 2021-2022 terán lugar os días:
MÉRCORES, 1 DE DECEMBRO DO 2021 entre as 10.00 e 14.00 h. Representantes do alumnado
VENRES. 3 DE DECEMBRO DO 2021 entre as 10.00 e 14.00 h. Representantes de nais/pais titoras/titores
VENRES. 3 DE DECEMBRO DO 2021 , ás 13.00 h. claustro extraordinario para a elección de representantes do profesorado
O desenvolvemento do proceso poderase seguir a través da propia web e dos taboleiros do centro.
As persoas interesadas en participar neste proceso podedes consultar o calendario electoral do Consello Escolar e os censos dos distintos sectores nos taboleiros do IES.
As persoas que desexedes presentar candidatura pinchando nos seguintes enlaces podedes consultar ou descargarvos o calendario electoral e o impreso de candidaturas:
Calendario electoral consello escolar. curso 2021-2022
Impreso de presentación de candidaturas
Nota: O impreso de candidaturas tamén o podedes recoller na secretaría do centro.