Residencia

"EXPRÉSATE" OUTUBRO 2024: QUEBRANDO O XEO


Comeza unha nova andaina da actividade "Exprésate" neste novo curso escolar. O alumnado residente do IES Rosalía Mera poderá participar cada mes nunha serie de actividades relacionadas entre si.

Programación "Exprésate" Outubro 2024

Quebrando o xeo

  • Martes 8 - XOGOS PARA COÑECERNOS:  dinámicas de grupo que favorezan a creación de lazos de compañeirismo.
  • Martes 15 - RISOTERAPIA: exercicios para estimular a risa e crear un ambiente distendido.
  • Martes 22 - FOMENTANDO A CONFIANZA: actividades que xeren participación e cohesión entre todos os membros do grupo.