Os seguintes alumnos do Ies Calvo Sotelo foron seleccionados para segunda convocatoria do Proxecto Acoreuropa VI
O proxecto Acoreuropa VI é desenvolvido pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
As bolsas permitirán o desenvolvemento de prácticas formativas durante tres meses en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal.
