Información xeral

Inauguración exposición " A nosa oferta educativa"


O  Xoves inaugurouse a exposición sobre a nosa oferta educativa, co motivo do noso 60 aniversario.

Na entrada principal do noso Instituto inaugurouse a exposición chamada "A nosa oferta educativa", neste acto estivo presenta a  Deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero Dona  Ánxela Franco Pouso que xunto cos membros da comunidade escolar inauguraron a dita exposición, comezando pola visualización dun vídeo conmemorativo do noso 60 aniversario.


Nesta exposición móstranse diferentes carteis ca nosa oferta educativa, tamén se ensina os diferentes traballos realizados polos nosos alumnos o longo da súa formación no noso centro.

 

A exposición poderase visitar nos meses de Xuño, Xullo, Setembro e Outubro.