Información xeral

Inauguración do curso 2016-2017


Hoxe tivo lugar a inauguración do curso escolar 2016-2017.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de inaugurar o curso escolar 2016-2017 no Instituto de Formación Profesional Calvo Sotelo da Coruña. O presidente foi recibido polo director do centro, Genaro García, co que visitou unha pequena exposición cos traballos realizados polos alumnos dos distintos módulos formativos que se imparten
Ante os máis de 300 alumnos que este ano cursarán os seus estudos no instituto e dos 30 profesores que se encargará de formar aos futuros profesionais, González Formoso subliñou os "60 anos de compromiso co ensino do Calvo Sotelo" e considerou que o centro é hoxe "un referente da Formación Profesional en Galicia"
Neste mesmo acto, entregáronse a seis alumnos de Ciclos Formativos e a tres de Formación Profesional Básica os diplomas os mellores expedentes do pasado curso.
A lección inaugural foi en este caso interpretada pola agrupación musical  "CSM Latin Band" formada por xovenes interpretes que fixeron as delicias do público asistente.

FOTOS DO ACTO

NOTICIA E VIDEO DA VOZ DE GALICIA.