Información xeral

Acto de entrega de orlas 2016-2017


Hoxe tivo lugar o acto de entrega de orlas.

Como nos cursos anteriores  hoxe celebrouse o acto de entrega de orlas, neste acto participaron os alumnos e alumnas de segundo curso dos ciclos formativos de Grao Medio de: Electricidade, Mecanizado, Soldadura, Impresion e Preimpresión en artes gráficas e Madeira, do Grao Superior de Mecatrónica Industrial e de Formación Profesional básica.

Despois da entrega de orlas por parte dos titores e do director, dirixiuse o público Dámaso Varela Paulos en representación dos alumnos e alumnas, a continuación tomaron  a palabra Cesar Azpeleta e Manuel Oubel profesores que se xubilan este curso, dirixindo unas emotivas verbas a todo o público.

Pra acabar, tivo lugar un aperitivo no que participaron todos os homenaxeados, así como os profesores, delegados e subdelegados do curso, persoal de servizo e membros do consello escolar.

Fotos do acto.

Presentación Orla 2016-2017