Información xeral

O IES Calvo Sotelo gaña a final fútbol sala dos III Xogos Escolares.

img_1919 (copiar).jpg
O día 29 de Abril

O día 29 de Abril do 2015, no Palacio dos deportes da Coruña, tivo lugar a final dos III Xogos Escolares de fútbol sala entre o resultado final foi de IES Calvo Sotelo 5 - IES Monelos 0.

O desenrolo do partido, na súa primeira parte foi monótono, impreciso e faltou o xogo en equipo. A precisión e a rapidez que demostraron o longo da liga non se viu reflexar  nesta primeira parte. Comezou a segunda con 1-0 o noso favor, e a medida que pasaban os minutos mellorou o xogo en equipo, foron entrando os goles e demostrando a superioridade respecto o IES Monelos, conseguindo ser campións deste III Xogos Escolares. O finalizar o partido, o coordinador de deportes do Concello da Coruña fixo entrega duna medalla conmemorativa destes Xogos a todos os xogadores, o trofeo o porteiro menos goleado e o trofeo que nos acredita como os campións escolares da Coruña.

O outro equipo do IES Calvo Sotelo, que fixo una extraordinaria tempada, clasificouse na terceira posición polo que podemos dicir que a temporada deportiva foi un éxito.
Grazas a todos os participantes polo esforzo, a deportividade e a ilusión, que demostraron o longo da tempada, e esperamos que nas vindeiras edicións sigamos participando e facendo do deporte un medio educativo que axude os mozo a crear hábitos de vida saudable e superación persoal.