A esta proba presentouse o noso alumno Bruno Riotorto Rivera do ciclo medio de electricidade.
Foi una competición moi reñida na que o xurado, composto polos titores dos alumnos, o representante de Dielectro Industrial (patrocinador do concurso) e ASINEC ditaminaron que o gañador fora o CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. O noso alumno Bruno Riotorto quedou en segundo lugar tan so a 6 puntos do primeiro sobre una puntuación máxima de 100 puntos.
Desde o IES Calvo Sotelo, queremos darlle as grazas a Bruno Riotorto polo seu gran nivel e interese demostrado no desenrolo desta proba.
Dar tamén as grazas a ASINEC pola colaboración co noso centro e a organización deste concurso.