.jpg;jsessionid=0275956CA9F9EFA2BDE582372B1EB5D6)
CURSO 26-27
De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro), da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a TRES posto que na actualidade cesou o único representante co que contabamos.
2. Son electores todos os pais/nais ou titores/as legais do alulmnado do IES incluídos no Censo electoral que está a disposición na secretaría do centro.
3. Son elexibles os pais/nais ou, titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo facilitado pola secretaría no centro.Co fin de facilitar a presentación de candidaturas poderá enviarse ao correo do centro ( ies.rosaliamera@dacoruna.gal) desde o correo que aparece en XADE e xunto a unha copia do DNI ou documento similar
4. O prazo de presentación estará comprendido do 29 de outubro ás 11:00 h do 4 de novembro.
5. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase de xeito público o día 6 de novembro ás 11:15 h na secretaría do centro.
6. As votacións terán lugar neste IES o día 25 de novembro de 8:30 a 14:00 h.
7. Terán dereito a voto o pai e a nai, ou titor e totora legal do alumnado. Na apapeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de UN nome dos candidatos/as presentados e deberá presentar o seu DNI ou documento similar.