TRAMITACIÓN PARA A MATRÍCULA DE 1º CURSO
As persoas ás que se lles adxudicou unha praza nun dos ciclos formativos do IES Rosalía Mera e aquelas que desexen e cumpran os requisitos para matricularse nunha praza liberada deberán presentar nesta Secretaría, atendendo ao regulado pola Consellería de Educación e aos prazos establecidos pola mesma, a seguinte documentación:
- Impresos de matrícula ►
- Para alumnado de Ciclo de Grao Medio e Superior: impreso de matrícula, segundo o modelo aprobado pola Consellería de Educación, correctamente cuberto e asinado (no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal )
- Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte Modelo de documento en formato PDF
- Para solicitar matrícula en prazas liberadas empregarase o Anexo I
- Para alumnado de FP Básica: Impreso de Matrícula de FP Básica, segundo o modelo aprobado pola Consellería de Educación, correctamente cuberto e asinado (no caso de que o alumnado sexa menor deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal )
- Impreso de Autorización de uso de imaxes do alumnado, creación de conta G-Suite, cesión de datos de carácter persoal, autorización para saídas do centro e para a utilización do Servizo de Información.
- 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia DNI (os menores deberán achegar tamén os DNIes da súa nai e pai, titora/titor ou representante legal )
- Orixinal da Certificación académica da titulación coa que accede ao ciclo formativo de FP (para a comprobación e cotexo do documento que cargou o solicitante na aplicación)
- No caso de separación ou divorcio do alumnado menor de idade será necesario achegar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo.
TRAMITACIÓN PARA A MATRÍCULA DE 2º CURSO
O alumnado do IES Rosalía Mera que aprobe 1º e o alumnado repetidor de 2º curso por primeira vez no mesmo centro, se quere matricularse de 2º curso deberán presentar nesta Secretaría, atendendo ao regulado pola Consellería de Educación e aos prazos establecidos pola mesma, a seguinte documentación:
O alumnado que proceda doutro centro de ensino deberá entregar ademais:
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia DNI (os menores deberán achegar tamén os DNIes da súa nai e pai, titora/titor ou representante legal )
- 2 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
- Certificación académica na que conste o expedente académico do centro de ensino onde realizou o útlimo curso.
- Certificación académica na que conste o expedente académico e nota media coa que accedeu ao ciclo