TRAMITACIÓN PARA A MATRÍCULA DE 1º CURSO
As persoas ás que se lles adxudicou unha praza nun dos ciclos formativos do IES Rosalía Mera e aquelas que desexen e cumpran os requisitos para matricularse nunha praza liberada deberán presentar nesta Secretaría, atendendo ao regulado pola Consellería de Educación e aos prazos establecidos pola mesma, a seguinte documentación:
- Impresos de Matrícula
- Para alumnado de Ciclo de Grao Medio e Superior: impreso de matrícula, segundo o modelo aprobado pola Consellería de Educación, correctamente cuberto e asinado (no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal )
- Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte Modelo de documento en formato PDF
- Para solicitar matrícula en prazas liberadas empregarase o ANEXO I
- Para alumnado de FP Básica: Impreso de Matrícula de FP Básica, segundo o modelo aprobado pola Consellería de Educación, correctamente cuberto e asinado (no caso de que o alumnado sexa menor deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal )
TRAMITACIÓN PARA A MATRÍCULA DE 2º CURSO
O alumnado do IES Rosalía Mera que aprobe 1º e o alumnado repetidor de 2º curso por primeira vez no mesmo centro, se quere matricularse de 2º curso deberán presentar nesta Secretaría, atendendo ao regulado pola Consellería de Educación e aos prazos establecidos pola mesma, a seguinte documentación:
O alumnado que proceda doutro centro de ensino deberá entregar ademais:
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia DNI
- 2 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
- Certificación académica na que conste o expedente académico do centro de ensino onde realizou o útlimo curso.
- Certificación académica na que conste o expedente académico e nota media coa que accedeu ao ciclo