Secretaría

Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o proceso de elección dos membros do consello escolar do IES Calvo Sotelo


Martes, 13 de novembro de 2018

O luns 12 de novembro de 2018 reunironse @ s membros elexid@ s en sorteo público para a constitución da xunta electoral, que en virtude do artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, será a encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

Durante esta reunión acordouse que a xunta electoral quedara composta polas seguintes persoas:

        Presidente: Genaro García Díaz (Director do centro)

        Vogais:

  1. Marta Escribano Rodríguez (representante do profesorado)
  2. Leika Evelyn Salazar Gil (representante do alumnado)
  3. Mercedes Ferreiro García (representante das nais/pais, titoras/tirores do  alumnado)
  4. Esther Expósito Suárez (representante do persoal de administración e  servizos do centro)

 

Logo de quedar constituída a Xunta Electoral, @s seus membros aprobaron o calendario electoral do consello escolar, así como a publicación dos correspondentes censos definitivos, os cales se poden consultar nos taboeiros do centro

Outras novas