Residencia

Votacións Certame Fotográfico "Unha Coruña de foto"

certame vota-01.jpg

Os días 21, 22 e 23 de novembro de 2018 poderase votar a foto favorita entre as participantes no Certame.
 

A exposición das fotos terá lugar no hall do IES Calvo Sotelo. Para votar elixe a túa foto favorita, pide a papeleta en conserxería, anota o número que aparecía na foto elixida e introduce a papeleta na urna.

O fallo co gañador/a do Certame Fotográfico darase a coñecer o vindeiro luns 26 de novembro de 2018. O gañador/a recibirá coma agasallo unha tarxeta regalo por valor de 50€.