Residencia

Obradoiros de Nadal

obradoiros nadal 2018-01.jpg

Os/as residentes do IES Calvo Sotelo comezaron estes días os obradoiros de decoración de nadal.
 

Durante esta semana realizaranse labores de creación e reparación de adornos de nadal para decorar as distintas estancias da residencia do IES Calvo Sotelo.

Os/as residentes están facendo novas creacións, así coma restaurando algúns dos obxectos creados o ano anterior, que serán a base da decoración na residencia.