Desde hoxe e durante as dúas vindeiras semanas, realizaranse diversas actividades na Residencia IES Rosalía Mera para celebrar o Samaín.
Os/as residentes terán a oportunidade de realizar o xa clásico obradoiro de cabazas, no que poderán decoralas utilizando distintas técnicas de artes plásticas (pintura, carvado, etc.).
Complementariamente realizarase un obradoiro centrado na emoción do medo, da súa necesidade e de como aprender a manexalo.
Ademais poderán experimentar na súa propia pel e poñer en práctica diferentes técnicas de maquillaxe e caracterización nas que deixar voar a súa imaxinación, con propostas de terror cheas de sangue e cicatrices.
Para pechar este ciclo de actividades de terror, faranse dúas proxeccións de cinema de medo e a actividade estrela, a noite do terror na que terán que resolver un misterio un tanto tenebroso.