Por segundo ano, o vindeiro martes 18, o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera participará no programa "La Brújula" de sensibilización sobre o consumo de drogas e alcol. Actividade organizada pola Fundación María José Jove e impartida por ACLAD (Asociación Cidadá de Loitas Contra a Droga da Coruña).
Este programa procura fomentar o pensamento crítico na capacidade de toma de decisións, así como unha adecuada xestión emocional en resposta á presión grupal.
Tratan que o alumnado tome conciencia da importancia de adquirir habilidades sociais como recursos que lles capaciten e achéguenlles competencias na vida cotiá.
Así mesmo, promoveranse estilos de vida saudables libres de adiccións, tanto comportamentais como á substancias, xerando actitudes positivas e sas no tempo de lecer.