PORQUE É IMPORTANTE que anotedes nas vosas axendas o martes, 3 de xullo?
1º) Porque ás 13.00 horas remata o prazo para as persoas interesadas en presentar solicitudes no proceso de admisión nos ciclos formativos de Grao Medio e Superior de Formación Profesional para o curso 2018-2019 para cursar 1º curso, así como para o alumnado repetidor de 1º curso.
2º) Porque ás 13.00 hroas remata o prazo do alumnado que accede ao 2º curso de CFGM e CFGS, ou repite 2º ou accede ás FCT, para presentar matrícula do curso 2018-2019 no Centro de ensino. De non facelo neste prazo perderá o dereito á reserva de praza.